Verbo das conexións WLAN
Seleccione >
Axustes
e
Conectividade
>
Wi-Fi
.
Consello: Tamén se pode xestionar as conexións no menú de estado. Pase o dedo
cara a abaixo dende a área de notificación e seleccione
Wi-Fi
. Se non aparece Wi-Fi,
seleccione .
Consello: Pode engadir un widget de WLAN
á pantalla Inicio. Para activar ou
desactivar rapidamente a función WLAN, seleccione o interruptor no widget. Para
abrir a aplicación WLAN, seleccione a
no widget. Cómpre activar a función WLAN.
A aplicación WLAN mostra unha lista das redes dispoñibles e axúdalle a conectarse a
unha rede de área local sen fíos (WLAN).
Importante: Utilice o cifrado para aumentar a seguridade da conexión WLAN. A
utilización do cifrado reduce o risco de que outros usuarios accedan aos seus datos.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns países.
Por exemplo, en Francia, unicamente está autorizado a utilizar as redes WLAN en
lugares interiores. Se desexa obter máis información, póñase en contacto coas
autoridades locais.