Nokia 500 - Dereitos de autor e outros avisos

background image

Dereitos de autor e outros avisos

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-750 cumpre cos requirimentos básicos e con outras

condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina

http://www.nokia.com/global/declaration.

© 2012 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Nokia, Nokia Connecting People e o logotipo de Nokia Original Accessories son marcas comerciais ou marcas comerciais

rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes

de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos seus

respectivos propietarios.

A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera

modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento

continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento

sen previo aviso.

Oracle and Java are registered trademarks of Oracle and/or its affiliates.

The Bluetooth word mark and logos are owned by the Bluetooth SIG, Inc. and any use of such marks by Nokia is under license.

Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e

non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha

actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo

con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,

incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://

www.mpegla.com.

Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se

responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,

consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.

Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de

garantía, expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a un

propósito concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo

aviso. Nokia resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.

A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos,

tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda

prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.

Nokia non fornece garantía algunha nin se responsabiliza da funcionalidade, contidos nin asistencia técnica ao usuario de

aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo. Mediante a utilización dunha aplicación, vostede recoñecerá que a

Dereitos de autor e outros avisos 127

background image

aplicación fornécese tal cal. Nokia non fornece garantía nin representación algunha nin se responsabiliza da funcionalidade,

contidos nin asistencia técnica ao usuario de aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo.

AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono

preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de

que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de

servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC e os estándares de RSS exentos de

licenza de Industry Canada. O seu funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe

provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen

un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería

anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.

/Edición 2.0 GL

128 Dereitos de autor e outros avisos