
Instalar Nokia Suite no seu ordenador
Coa aplicación de PC Nokia Suite pode xestionar contido do seu teléfono e mantelo
sincronizado co seu ordenador compatible. Tamén pode actualizar o teléfono co
software máis recente e descargar mapas.
É posible que se necesite unha conexión a internet. Para obter información acerca
dos custos de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
Descargue a versión máis recente de Nokia Suite desde www.nokia.com/support no
seu ordenador.
Instalación de Nokia Suite co seu teléfono
1 Conecte o teléfono ao ordenador cun cable USB compatible.
Se está a utilizar Windows XP ou Windows Vista no seu ordenador, cambie o modo
USB do seu teléfono a Almac. masiva. Para cambiar o modo USB do seu teléfono,
pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e, a continuación,
seleccione
>
Almac. masiva
.
A memoria masiva do teléfono e a tarxeta de memoria amósanse como discos
extraíbles no seu ordenador.
2 No ordenador, seleccione Abrir carpeta para ver ficheiros e, a continuación, faga
dobre clic no ficheiro de instalación de Nokia Suite.
Se a ventá de instalación se abre automaticamente, seleccione Instalar Nokia
Suite.
3 Siga as instrucións que se amosan no ordenador.
4 Unha vez completada a instalación, se está a utilizar Windows XP ou Windows Vista
no seu ordenador, asegúrese de que o modo USB do seu teléfono é Nokia Ovi
Suite.
Para obter máis información verbo de Nokia Suite e ver os sistemas operativos cos
que funciona, vaia a www.nokia.com/support.