Nokia 500 - Inserción da tarxeta SIM

background image

Inserción da tarxeta SIM
1 Apague o teléfono.
2 Para retirar a tapa traseira do teléfono, prema sobre ela cos dedos e deslícea.

3 Retire a batería, se está inserida.

4 Para desbloquear o soporte da tarxeta de SIM, deslíceo na dirección indicada pola

frecha do soporte. Levante o soporte.

Introdución

9

background image

5 Insira a tarxeta SIM no seu soporte. Asegúrese de que a zona de contacto da

tarxeta se atope orientada cara a abaixo ao baixar o soporte da tarxeta SIM.

6 Baixe o soporte da tarxeta SIM.

7 Para bloquear o soporte da tarxeta SIM, deslíceo á súa posición orixinal.

Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta

SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode

producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.

Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca

do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.