
Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Mantea todas as tarxetas de memoria fóra do alcance dos nenos.
Inserción dunha tarxeta de memoria
1 Para extraer a tapa traseira do teléfono, prema sobre ela cos dedos, arrástrea
ata abrila e levante a tapa ata extraela.
10
Introdución

2 Retire a batería, se está inserida.
3 Para desbloquear o soporte da tarxeta de memoria, deslíceo na dirección indicada
pola frecha do soporte. Levante o soporte.
4 Insira a tarxeta de memoria no seu soporte. Asegúrese de que a zona de contacto
da tarxeta se atope orientada cara a abaixo ao baixar o soporte da tarxeta de
memoria.
5 Baixe o soporte da tarxeta de memoria.
6 Para bloquear o soporte da tarxeta de memoria, deslíceo á súa posición orixinal.
Introdución
11

Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por
unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo e
danar os datos almacenados na tarxeta.
1 Apague o teléfono.
2 Retire a tapa traseira e a batería.
3 Esvare e levante o soporte da tarxeta de memoria e retírea.