Conducir ao lugar de destino
Cando precise indicacións detalladas mentres conduce, Mapas axudaralle a chegar
ao seu destino.
Seleccione >
Mapas
e
Conducir
.
Conducir a un destino
Seleccione
Fixar destino
e a opción axeitada.
Conducir á súa casa
Seleccione
Conducir á casa
.
90
Mapas
Pode comezar a conducir sen un destino fixado. O mapa segue a súa localización e,
se está dispoñible, aparece automaticamente información do tráfico. Para fixar o
destino máis tarde, seleccione
Destino
.
Por defecto, o mapa xira na dirección de condución.
Orientar o mapa cara ao norte
Seleccione . Para volver a xirar o mapa na dirección de condución, seleccione .
Cando seleccione
Conducir á casa
ou
Camiñar á casa
por primeira vez, solicitaráselle
que defina a localización do seu domicilio.
Cambiar a localización do domicilio
1 Na vista principal, seleccione .
2 Seleccione
Navegación
>
Localización do seu domicilio
>
Redefinir
.
3 Seleccione a opción axeitada.
Cambiar vistas durante a navegación
Pase o dedo cara á esquerda para seleccionar
Vista 2D
,
Vista 3D
,
Vista de frechas
ou
Resumo da ruta
.
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o vehículo
durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución deberá ser a
seguridade vial.