Sincronizar os seus Favoritos
Planifique unha viaxe no seu ordenador no sitio web de Nokia Mapas, sincronice os
lugares, rutas e coleccións gardados co seu teléfono e acceda ao plan dende calquera
lugar.
Para sincronizar lugares ou rutas entre o seu teléfono e o servizo da Internet de Nokia
Mapas, cómpre iniciar sesión nunha conta Nokia.
Seleccione >
Mapas
.
Sincronizar lugares e rutas gardados
Seleccione
Favoritos
>
Sincronizar con Ovi
. Se non dispón dunha conta Nokia,
solicitaráselle crear unha.
Pode axustar o teléfono para sincronizar os Favoritos automaticamente cando abre
ou pecha a aplicación Mapas.
Sincronizar favoritos automaticamente
Seleccione >
Sincronización
>
Sincronización
.
A sincronización require unha conexión á Internet activa e pode implicar a transmisión
de grandes cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Para
obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
Para utilizar o servizo da Internet de Nokia Mapas, consulte a páxina
maps.nokia.com.
88
Mapas