Nokia 500 - Navegar ata un destino

background image

Navegar ata un destino

Seleccione >

Mapas

.

Mapas amosa o que se atopa próximo, axúdalle a trazar as súas rutas e guíao ata onde

se desexa dirixir de xeito gratuíto. Pode:

Busque cidades, rúas e servizos.

Atope o camiño con indicacións paso a paso.

Sincronice as súas situacións e rutas favoritas entre o seu teléfono e o servizo

web Mapas de Nokia.

Comprobe a predición do tempo e outras informacións locais, se están

dispoñibles.

Consello: Tamén pode trazar unha ruta no seu ordenador mediante o servizo web

Nokia Mapas e copiar a ruta no seu teléfono. Para obter máis información, diríxase á

páxina www.nokia.com/maps.

É posible que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países e que só

aparezan nos idiomas seleccionados. É posible que os servizos dependan da rede.

Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de

rede.

O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes

cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.

Ás veces, os contidos dos mapas dixitais poden ser inexactos e estar incompletos.

Nunca dependa unicamente do contido ou do servizo para efectuar comunicacións

importantes, como urxencias médicas.

Algúns contidos están xerados por terceiras partes e non por Nokia. O contido pode

ser inexacto e está suxeito á dispoñibilidade.