
Acerca da pantalla de inicio
Na pantalla Inicio, pode:
•
Ver notificacións de chamadas perdidas e de mensaxes recibidas
•
Abrir as súas aplicacións favoritas
•
Controlar aplicacións, como o reprodutor de música
•
Engadir accesos directos a diferentes funcións, como para escribir unha mensaxe
•
Ver os seus contactos favoritos e chamar ou enviar mensaxes a estes
rapidamente
Pode dispoñer de máis dunha páxina de pantalla de inicio, por exemplo, pantallas de
inicio independentes para o traballo e a vida privada.
Os elementos da pantalla de inicio son interactivos. Por exemplo, se selecciona o
reloxo, abrirase a aplicación do reloxo.