
Verbo das chamadas da Internet
É posible facer e recibir chamadas mediante a Internet. Os servizos de chamadas da
Internet admiten as chamadas entre ordenadores, entre teléfonos móbiles e entre
un dispositivo VoIP e un teléfono tradicional. O servizo de chamadas de internet é un
servizo de rede.
Algúns fornecedores de servizos de chamadas da Internet permiten efectuar
chamadas da Internet gratis. Para consultar a dispoñibilidade e os custos da
conectividade, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de chamadas da
Internet.
42
Teléfono

Para realizar ou recibir unha chamada da Internet, cómpre atoparse na zona de
servizo dunha WLAN ou dispoñer dunha conexión de paquetes de datos (GPRS) nunha
rede 3G e iniciar sesión nun servizo de chamadas da Internet.