
Accións na pantalla táctil
Importante: Evite raiar a pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin demais
obxectos afiados na pantalla táctil.
Para utilizar a interface de usuario, toque ou manteña tocada a pantalla táctil.
Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla
Toque a aplicación ou o elemento.
Instalar Nokia Suite no seu ordenador
19

Acceder ás funcións rapidamente
Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente coas opcións dispoñibles.
Exemplo: Para enviar unha imaxe ou eliminar unha alarma, manteña tocada a imaxe
ou a alarma e, dende o menú emerxente, seleccione a opción apropiada.
20
Uso básico

Arrastrar un elemento
Manteña tocado o elemento e mova o seu dedo pola pantalla. O elemento seguirá o
seu dedo.
Exemplo: Pode arrastrar elementos da pantalla de inicio.
Esvarar co dedo horizontalmente
Coloque un dedo na pantalla e escorrégueo de xeito uniforme na dirección desexada.
Exemplo: Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte imaxe, esvare co dedo
horizontalmente á esquerda.
Ampliar
Coloque dous dedos nun elemento, como unha imaxe ou unha páxina web e separe
os seus dedos.
Uso básico
21

Reducir
Coloque dous dedos no elemento e escorrégueos xuntándoos.
Consello: Tamén pode premer o elemento dúas veces para ampliar ou reducir.