Nokia 500 - Utilizar o teléfono fóra de liña

background image

Utilizar o teléfono fóra de liña
Nos lugares onde non queira realizar nin recibir chamadas, aínda pode acceder ao seu

calendario, lista de contactos e xogos fóra de liña se activa o perfil Desconectado.

Apague o teléfono cando non se permita o uso do teléfono móbil ou cando poida

provocar interferencias ou resulte perigoso.

Manteña premida a tecla de acendido

e seleccione

Fóra de liña

.

Ao activar o perfil desconectado, a conexión coa rede móbil péchase. Impídese o envío

e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o teléfono e a rede móbil. Se

intenta enviar unha mensaxe, colócase na carpeta de Caixa de saída e soamente se

envían cando está activado outro perfil.

Tamén pode utilizar o seu teléfono sen unha tarxeta SIM. Apague o teléfono e retire

a tarxeta SIM. Cando o volva acender, o perfil Desactivado estará activado.

Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir chamadas,

nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Poderá

efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado no seu dispositivo.

Para realizar chamadas, primeiro cómpre cambiar a outro perfil.

Cando o perfil Desconectado estea activado, aínda poderá conectarse a unha rede

WLAN, por exemplo, para ler o seu correo electrónico ou navegar pola Internet. Tamén

poderá utilizar o Bluetooth.

Non esqueza respectar todos os requirimentos de seguridade aplicables.

Uso básico

29