
Verbo das actualizacións das aplicacións e o software do teléfono
Mantéñase ao día; actualice as aplicacións e o software do teléfono para obter
funcións novas e melloradas para o teléfono. A actualización do software pode
mellorar tamén o rendemento do teléfono.
102 Xestión do teléfono

Recoméndase que realice unha copia de seguridade dos seus datos persoais antes
de actualizar o software do teléfono.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Tras a actualización, é posible que as instrucións na guía do usuario xa non estean
actualizadas. Pode encontrar a guía de usuario actualizada en www.nokia.com/
support.